Este martes os mais pequenos do cole participaron na actividade “VERBATECA”, posta en marcha polo Concello de Ourense e que ten como obxectivo fomentar a lingua galega a través da realización de xogos didácticos da man dos piratas Malapata e Malapeta e os seus amigos o mono e o loro.
Dende o primeiro momento os nenos/as disfrutaron desta actividade, que foi moi dinámica e conseguiu captar a atención do noso alumnado.
Ao rematar a actividade cada neno/a recibiu como agasallo un cofre do tesouro con verbas en galego de animais, cores, e máis vocabulario, que os pequenos levaron para a casa con moita ilusión.
Deixo algunhas fotos a continuación. Ata pronto familias!
















