lunes, 18 de mayo de 2020

Fermosas Letras Galegas


¡Bos días familias! Hoxe estamos de festa. Cada ano, o día 17 de maio festexase o Día das Letras Galegas, o día da nosa lingua.

Como sabemos, nós vivimos en Galicia. Imos recordar cómo é a súa bandeira. Podemos pintala como a orixinal.

Este ano está adicado ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Neste vídeo podemos coñecer a súa historia.
Os nosos amigos, Os Bolechas, tamén nos contan a historia de Carvalho Calero. Ademais, coñeceremos unha das súas obras: Scórpio.
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf
Carvalho Calero tamén escribiu relatos para os máis pequenos. Un deles é "As pitas baixo a choiva". Se fas clic na imaxe, podes acceder a moito material sobre esta narración: o conto, cancións, actividades...
http://aspitas.gal/
http://seminariogalan.org/2020/ACTIV_4_ED_INFANTIL_PICTOG.pdf
Convídovos a pasalo ben en familia xogando con Carvalho Calero:
  
Como sodes uns grandes artistas, podedes participar no
I Certame Infantil de Artes Plásticas Feiraco 2020. Estas son as bases do concurso. Podes enviar unha obra artística que plasme que é para ti o galego. 

Para rematar, ¿escoitamos o himno de Galicia?
¡Bo día das Letras Galegas! 
 

Educación Infantil 3 años Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting