É o día da nosa terra, e pouco a pouco imos interiorizando a lingua galega. Aprendemos novas palabras como agarimo, ledicia, morriña, bico, aperta; e coñecemos a Antón Fraguas, a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas. Ademais, tivemos a sorte de contar coa visita dun grupo de gaiteiros que amenizaron unha tarde chea de música, festa, xogos e diversión. Andrea e Manolo, pais do noso compañeiro Leo, e Lucía, viñeron en representación do seu grupo de música galega. Encargáronse de traer gaitas, panderetas, e un bombo que puidemos tocar e disfrutar.
Moitísimas grazas por esta fermosa tarde.