Esta
semana estivemos traballando a lingua da nosa comunidade, O GALEGO. A
través de contos, vídeos, lendas e as visitas dunhas galegas achegámonos a esta fermosa lingua que
se conmemora o 17 de maio. Ademáis quixemos traballar as LETRAS GALEGAS
cunha actividade coa que coñecimos ao escritor Manuel María. Para festexar o gran día da nosa lingua recibimos a visita dunha banda de tamborileiros, pandereterias e gaiteiros. ¡Pasámolo xenial!