O mes de novembro caraterízase pola caída das follas, o outono, os froitos típicos desta estación, etc... E en ourense temos unha festa moi especial, O MAGOSTO!
No cole estivemos aprendendo tradicións desta festa e do seu froito estrela, a CASTAÑA.
Fixemos actividades, xogos, traballos manuais e ata tivemos a sorte de coñecer a unha castañeira.
Traballamos moito elaborando cestas para levar castañas, pintamos castañas para facer unha fermosa coroa e decoramos unha medalla para Dona Castaña.
Investigamos acerca das castañas: cómo son, onde nacen, cómo se chama a árbore onde crecen, a qué saben...
Coñecemos o monumento da castañeira que está no parque de San Lázaro, no centro de Ourense.
Celebramos o MAGOSTO no cole cos nosos compañeiros, comemos castañas, pintamos a cara con tizón, xogamos, coñecimos á castañeira dona María e disfrutamos desta festa tan ourensá. ¡Viva o magosto e viva o San Martiño!