sábado, 17 de mayo de 2025

Letras Galegas💙

Bos días familias! Hoxe estamos de festa. Cada ano, o día 17 de maio festéxase o Día das Letras Galegas, día da nosa lingua.

Este ano está adicado as Cantareiras, recoñecemento ás nosas devanceiras é á nosa memoria, á nosa historia como pobo e ao mantemento da nosa lingua, desde a alegría da música e a celebración.

Durante toda esta semana coñecemos algunha das cancións tradicionais que nos representaron os alumnas/os de terceiro da ESO. 

Coñecemos o baile tradicional de Galicia, a muiñeira, entre outras danzas que bailamos tamen cos nosos compañeiros/as de cuatro e cinco aniños. 

Escoitamos tamen o conto da cabaciña e levamos a cabo os nosos propios debuxos da Cantareira, Quedáronnos chulísimos. 

Deixovos algunhas fotiños desta semana 

Feliz día da lingua Galega🩵


















 

Educación Infantil 3 años Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting