Este mercores a nosa mestra presentounos o traxe tradicional do entroido de Xinzo de Limia, a pantalla, a cal está formada por unha careta, unha capa, un traxe de pantalón e camisa de cor blanco, unhas campás, unhas polainas e unhas vexigas, no noso caso eran globos que imitaban a sua cor. Está figura ten a sua función no entroido da mesma Vila que é a de vixiar que todo o mundo vaia disfrazado e facer humor de todo, unha costume tipica de esta é facer chocar as vexigas para levantar as saias das mulleres.
Antes da visita tamen fixemos as nosas propias caretas. Que bonito é o entroido e como nos gusta disfrazarnos e a pantalla encantanos.