martes, 8 de febrero de 2022

Cambiamos tocarnos por mirarnos!

 Desenvolvendo o Plan de Benestar Emocional levado a cabo este ano por toda a escola, estamos a realizar unhas actividades que vos queremos amosar.

Cando falamos de comunicación tendemos a facer uso da linguaxe verbal acompañada de saúdos habituais na nosa cultura (apertas, bicos, aloumiños…). Pois ben, podemos substituilos por unha linguaxe non verbal a través de xestos e movementos corporais que poden expresar incluso mellor a intensidade dunha emociòn.

Ca recente pandemia, moitos tivemos que cambiar costumes e rutinas, e tamén os nosos pequenos. Na nosa aula, aproveitamos para achegarnos un pouquiño máis a eses cambios a través de canciòns, xogos, actividades manipulativas, contos….

Na nosa clase traballamos co libro “Consejos para un ogro”, onde pudimos asimilar mellor as novas rutinas adquiridas tras a pandemia: estornudar no codo, lavado máis continuo de mans, saludos a distancia… Tamén fixemos un baile para a canción “A saludarnos”, que vos deixo un pouco máis abaixo para que vexades que grandes artistas temos nesta escola, ademáis de traballar novos saúdos como: saudar con pes ou codos, movendo as mans, bailando…

En definitiva, dende a aula de 4 de Educación Infantil, queremos transmitirvos que, o coronavirus cambiou moitas rutinas do noso día a día, pero que manteñamos a distancia física non significa que teñamos que perder unha das cousas que, sin darnos conta, máis nos une ás persoas que nos rodean: o saúdo!









 

Educación Infantil 3 años Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting